DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

 

Tres "ghalleghas" aprendendo galego


P- Hoxe estamos a falar dos límites xeográficos do galego actual, máis concretamente, das variedades diatópicas do galego moderno, é dicir…
Y- Un momentiño rapaciña, ¿e iso que é?
CH- Oigha, raparigha, ¿dígame como é?
M- ¡Cómo que os límites do galego! O galego non che ten límites… E logo que queredes facer coa nosa lingua?
Nós falamos así dende que nasimos.
P- Agora cóntovos… Como dicía… Imos estudar as variedades dialectais da lingua galega…
CH- Iso quería preguntarche… E logho… o “g” existe… ¿ou non?..
Y- ¡Que riquiña! O “g” claro que existe, mulleriña… O que eles queren é acabar co “ñ” e poñer nh, como a cadea dos hoteis, é como escriben os portugueses. Isto é cousa dos americanos para aforrar unha tecliña na computadora.
CH- Pois eu non oigho o “g” por ninguna parte. O outro día, mesmamente, no neghosio veu Ghabriel, o de Toñita, e pediu unha mangheira, e eu preghunteille: ¿De ghoma ou ghalvanizada?... Non, non, de ghoma, dixo él. ¿Ghorda ou delghada?, preghuntei. Delghada muller, que é para reghar. E logho, ¿donde atopas o “g”?
M- Non vos podo creer… O “g” e o “ñ”, entón ¿qué pasa cos “eses”?…. Imos ver, eu son de Vimianso, e cando estamos alí nós tomamos servesas e sardiñas, e se hai empanada de xoubas, pois tamén. Iso si, cando imos fóra, para Coruña, non temos outra que aquelar co “c”, se non, non vos entenden…
P- Está ben.. Por hoxe, deixámolo… Cada un que fale como lle veña en gana. Pero que conste que eu non fun a que montou este aquelarre.
Y- ¿E logo quen foi?
Ch- Pois eu non aquelo ninghún aquelarre.
M- ¡Hai ó ha!
P- Un amigo de min, que venia con yo...Un meu amigo meu que viña comigo…

Chus M. Neira, Yolanda G, Mónica Izquierdo y Pepa Díaz 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Taller de escritura creativa Fiandón en Empuje.net

RAPIS: LOST IN CORU