Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Imagen
  Tres "ghalleghas" aprendendo galego P- Hoxe estamos a falar dos límites xeográficos do galego actual, máis concretamente, das variedades diatópicas do galego moderno, é dicir… Y- Un momentiño rapaciña, ¿e iso que é? CH- Oigha, raparigha, ¿dígame como é? M- ¡Cómo que os límites do galego! O galego non che ten límites… E logo que queredes facer coa nosa lingua? Nós falamos así dende que nasimos. P- Agora cóntovos… Como dicía… Imos estudar as variedades dialectais da lingua galega… CH- Iso quería preguntarche… E logho… o “g” existe… ¿ou non?.. Y- ¡Que riquiña! O “g” claro que existe, mulleriña… O que eles queren é acabar co “ñ” e poñer nh, como a cadea dos hoteis, é como escriben os portugueses. Isto é cousa dos americanos para aforrar unha tecliña na computadora. CH- Pois eu non oigho o “g” por ninguna parte. O outro día, mesmamente, no neghosio veu Ghabriel, o de Toñita, e pediu unha mangheira, e eu preghunteille: ¿De ghoma ou ghalvanizada?...